En Marea | Análise do programa electoral

Posted on

Dende calquera televisión se pode obter información dos programas dos grandes partidos políticos. O máis difícil é atopar unha análise dos programas dos partidos que representan as autonomías do estado. Debido a isto dende Galicia Alive tentaremos facer un estudo dos partidos políticos unicamente galegos dende un punto de vista obxectivo: sacándolle posibles defectos, pedindo máis información nos puntos inconclusos e alabando as posibles iniciativas favorecedoras sen deixarnos levar por intereses partidistas.

Nesta publicación expoñeremos algúns puntos importantes do programa de En Marea. Non nos adentraremos demasiado xa que o seu programa é sinxelo de ler e moi curto. Podedes descargar o seu programa en versión pdf pinchando aquí. Sen entrar en orientacións políticas, ler o programa de En Marea é un bo xeito de adentrarte no costume de coñecer os programas electorais de primeira man. Dende Galicia Alive sempre dicimos “Non deixes que cho conten” e continuamos abogando por esta metodoloxía. Esta nova agrupación política está conformada por tres forzas:

  • Anova: formación política galega.
  • Podemos: é un partido político español fundado en xaneiro de 2014.
  • EU: Esquerda Unida.

Análise do programa

Cómo xa se dixo este é un programa fácil de ler debido a súa esquematización dos puntos e propostas. Debido a isto, simplecidade e esquematización, as súas propostas son demasiado abertas e inconcretas. Ben sabido é que isto tanto é algo inhabitual nos programas electorais.

Este programa comparte moito co outro programa propiamente galego de Nós-CG. Sen embargo este partido non promulga en ningún caso a independencia de Galicia, aínda que si reclama o seu recoñecemento como nación dentro do Estado.

Propón un gran número de políticas sociais tanto en participación política, liberdades e no ámbito laboral. Optan por unha sanidade, educación e enerxía pública. Neste último aspecto optan polo autoconsumo e en contraposición co programa de Nós-CG non expoñen unha facturación propia para Galicia. Algo salientable tamén, pensando nos grupos minoritarios, é a proposición da Lei Celíaca, da que non dan ningunha información adicional (se estades interesados pinchade aquí para ver unha aplicación desta lei en Arxentina). Económicamente propoñen a creación dunha Banca pública de caracter ético (Banca ética).
Outras medidas que pretenden levar a cabo son a paralización da A57 e a saída de ENCE da Ría de Pontevedra. Como medidas estranxeiría teñen, entre outras, as seguintes propostas: erradicación voos de deportación e creación dunha lei de acollida e convivencia intercultural. Plantean tamén a lexislación do uso do cannabis.
No eido da xustiza é a loita contra a corrupción aspiran a creación e toma de numerosas medidas aínda que sen entrar en detalle.

Para resumir, as medidas que pretenden tomar son principalmente sociais e do amparo do público. Pero coma sempre non hai mellor persoa para evaluar as cousas ca un mesmo e con este curto programa non hai escusas.

One Reply to “En Marea | Análise do programa electoral”

Comments are closed.