Eleccións Xerais 2015

Aparentemente a sociedade está dividida no tema da política. Non só a nivel de ideais, senón no xeito de abordarla. Moitos consideran a política un estigma, outros o que move a sociedade e, finalmente, os indecisos que bailan entre as dúas.

Dende a miña visión, a política debe ser tomada con moderación e visión aberta. Ao longo da vida a percepción da realidade cambia. Cantas veces cambiamos de opinión logo de que algo acontecese? Debido a isto non me gustaría que a xente fose a votar sen coñecer as opción de voto que teñen, sería estupendo deixar de votar por sistema e facelo con senso. Aquí están recopiladas todas as forzas póliticas e os enlaces ás súas páxinas das opcións políticas de Galicia para as Eleccións Xerais do 20 de decembro, para que sexas TI o que te informes e non sexan os interesados os que che vendan fume.

Considero que a política debe importarnos na medida na que nos afecta. Por iso votemos, non votemos ou a quen votemos debe estar respaldada por un razoamento sensato. Espero que isto sexa útil.

  • C’s: Ciudadanos é unha forza nova que en Galicia non deu polo de agora unha sorpresa a nivel de número de votos. Non ten páxina web propia para Galicia nin tampouco o nome.
  • En Marea: esta nova agrupación política está conformada por tres forzas:
    • Anova: formación política galega.
    • Podemos: é un partido político español fundado en xaneiro de 2014.
    • EU: Esquerda Unida.
  • Nós-CG: é unha agrupación política conformada por catro forzas:
    • BNG: Bloque Nacionalista Galego.
    • PCPG: Partido Comunista de Galicia
    • PG: Partido Galeguista.
    • CG: Coalición Galega.
  • Ourense pola esquerda: Non atopei información con respecto a este partido.
  • PACMA: Partido Contra el Maltrato Animal, non ten páxina en galego.
  • PCPE: Partido Comunista de los Pueblos de España.
  • PP: o Partido Popular é unha das formacións máis asentadas en Galicia, a súa de representación dentro de Galicia é PPdeG.
  • PSOE: o Partido Socialista Obrero Español coa súa delegación Galega, PSdeG foi un dos partidos que gobernou en Galicia dende a democracia.
  • PT: Partido da Terra é un partido que se autodefine como unha mancomunidade de organizacións políticas parroquiais e comarcais orientada para a realización de autogoberno asamblear e da utosuficiencia rural.
  • SAIN: Partido de la Solidaridad y Autogestión Internacionalista.
  • VOX: segundo eles se define é un proxecto pólitico para a renovación e o fortalecemento da vida democrática española.
  • Recortes Cero – Grupo Verde: composto por:
    • Recortes Cero: Agrupación asamblearia en prol da cidadanía.
    • Grupo Verde: é un partido ecoloxista con máis de vinte anos de vida. Non se atopou delegación propia en Galicia.
  • UPyD: Unión Progreso y Democracia, aparentemente non ten delegación alomenos en forma de páxina web e no que a nome se refire, entrou en Galicia sen demasiada forza hai uns anos.

Se queredes saber se podedes votar ou non a estes grupos políticos en función da provincia pinchade aquí para ler o artigo de Praza Pública e coñecer o reparto de forzas.

2 thoughts on “Eleccións Xerais 2015

Comments are closed.

Verified by MonsterInsights