Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Como previr coller o aire?

Como previr coller o aire?

Ó longo desta cuarta parte desta publicación sobre “o aire” tratamos de contar como se pode previr. Mellor previr que curar. Coma sempre, poderedes ver as referencias das nosas pescudas e colaborar connosco para aumentar a información ou correxir o que creades incorrecto.

As seccións nas que dividimos o artigo son:

  1. QUE É O AIRE?

  2. ONDE SE COLLE O AIRE?

  3. CAL É A ORIXE DA CRENZA DO AIRE?

  4. COMO PREVIR COLLER O AIRE?

  5. COMO SE QUITA O AIRE?

  6. MAPA DO AIRE

  7. O AIRE E COMO QUITAR O AIRE (ARTIGO COMPLETO)

Así que comezamos a coñecer o aire sen máis miramentos neste artigo.

COMO PREVIR COLLER O AIRE

Para previr o aire, como en calquera prevención de riscos, o principal é evitar os lugares onde eses espíritos están. Por este motivo, os cativos e as persoas enfermas deben evitar as velas dos defuntos e os enterros. De estar encamados e estar preto do paso dun enterro, os enfermos deben erguerse para non coller o aire, coas fiestras pechadas.

De non ser posible evitar estes lugares, asumindo os riscos de ir, existe aínda así un xeito de previr o aire. O que hai que facer é poñer na porta da casa unha larada ou fogueria e afumarse con ela. Un xeito de afumarse ben é pasar por riba dela ou estar preto un bo anaco estirando os pés por riba da fumeira, as pernas, os brazos e o corpo enteiro. Para rematar o rito, pasaba por riba da fogueira, dun lado ao outro, facendo un afumado completo. Nalgúns casos establécese que para previr o aire do morto se precisa pasar por riba ata nove veces.

As plantas que se utilizan para facer o fumeiro poden ser algunhas con certo poder místico como son as herbas de San Xoán secas ou ramas de loureiro seco, ou simplemente uns picaños ou calquera outra cousa que fixese fume.

Mediante a fumeira, trátase de quitar o aire do defunto que pode vir coas persoas que estiveron na velo ou no enterro. Se aínda así o rapaz ou o enfermo colleu o aire, temos que iniciar o rito para quitar o aire.

A TÚA COLABORACIÓN

Se hai algunha información extra e documentada que nos podes transmitir será benvida. Ademais, se tes información que non coincide coa que temos aquí, fáinolo saber. Intentamos ter información precisa e por iso sempre deixamos as nosas referenzas.

AXÚDANOS A SEGUIR ESCRIBINDO

Para aumentar a calidade das nosas publicacións necesitamos máis tempo. Podes axudarnos mercando través de Amazon. Deixámosvos os seguintes  que poden resultar útiles e interesantes:

REFERENCIAS

Blogues, Revistas e Xornais

El Correo Gallego: Nemiña atrae surfistas de toda Europa
25 aniversario do IES Praia de Barraña
Thirthe: Transparencia
Suso de Basilio – Dende Corme ao mundo: Aqueles tempo de quitar o aire
O Roque de Cerponzóns: Día de Santos
Historia de Galicia: Buscando á Raiña Lupa no Sagrado Monte Pindo
Tralas pegadas da vella: Na procura da Raíña Lupa no sagrado Monte Pindo
The Muros Times – Como sacar el aire
Contribución al Diccionario Gallego – Aníbal Otero Álvarez
Correo del Camino: Testimonios de peregrinos
Celtíbera: O aire do difunto
Galicia encantada: Os curandeiros

Artistas

Rockisome: Entrevista a Terbutalina

Youtube: Terbutalina – Broncodilatador – Peneira

CANKENTE: Monte (1)

Monte (1)

PDFs para descargar

El poder de la palabra y la fe en la curación dentro del contexto cultural gallego
Concello de Cabana: O Santuario do Briño
Fichas de Investigación Etnográfica e de Restos Históricos
Cadernos de Fraseoloxía Galega 18
Hacia el encuentro de mi anthropos: la muerte, dinamo estructural de la vida
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil
Memoria Educación Secundaria (2002-2003)
Asociación de Escritores Galegos en Lingua Galega: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional
UN MEIGHALLO – Ana Fernández Fernández

Rutas

Correo del camino: Testimonios peregrinos
Geocaching: Camino Sacramental
Senda das estrelas: Etapa Recomendado. DÍA 5: Muros-Outes
Concello de Negreira: Guía Turística de Negreira

Documental e entrevistas

Comenius Regio: Quitar o aire
Documental Terra de Meigas (Non tivemos oportunidade de velo)

Outros

Traballos antropoloxía 2008-2009

Os curandeiros. Medicina Popular en Galicia, Cad Aten Primaria Ano 2010 Volume 17 (Páx. 144-149)

Verified by MonsterInsights