Partidos políticos galegos

Porque é importante coñecer a política dun país para entender o seu pasado, vivir o seu presente e construír o seu futuro.

En Galicia existen os seguintes partidos:

Para informarte máis de política mira os nosos artigos sobre este tema pinchando aquí.

Por que ten sentido votar partidos rexionalistas, autonómicos ou nacionalista sen selo?

Dende Galicia vense, pola gran mayoría da xente, os resultados nas eleccións xerais en autonomías como o Euskadi e Catalunya como algo problemático. Canta xente cre que calquera destas rexións, autonomías ou nacións sen estado terían o respaldo maioritario da poboación no momento de levar a cabo a independencia? O certo é que moita xente da que vota a estes partidos non apoiaría unha total independencia. Entón por que teñen tantos votos estes partidos? A resposta é simple: porque defenden os intereses das rexións que representan. Outros casos dos que se fala menos son o C.C. (Coalición Canaria) e anteriormente o P.A. (Partido Andalucista) ou o CHA (Chunta Aragonesista). Estes últimos partidos e os cataláns e os vascos conseguiron melloras para as súas comunidades autónomas por obter representación no Parlamento e axudar a conformar un goberno.

É evidente que os partidos votan en bloque. Isto, ademais de facer que a Democracia Representativa na que vivimos perda o valor de democracia e moito máis de representativa, fai que un diputado d’A Coruña teña que votar o mesmo ca un de Cáceres aínda que isto sexa perxudicial para ambas rexións. Non todos os votantes dos partidos pensan igual en todos os temas, isto non se ve na política actual. A representación sería máis realista se dentro dos partido tivesen liberdade de votos. Ao igual que os estatais os partidos rexionalistas, autonómicos ou nacionalista votan en bloque, pero cal é a diferencia? A diferencia é que estes votan en consecuencia coas necesidades das provincias e autonomías que representan. Un deputado dun partido nacionalista non votaría a favor de algo que considere que vai a empeorar  a situación da rexión, autonomía ou nación que represente.

Coa irrupción dos novos partidos na sociedade está cambiando a situación. É simple ver que a tendencia nos últimos anos era que estas forzas aumentasen. Pero que está pasando actualmente? O que pasa é que esas forzas se manteñen mais ou menos do mesmo xeito. Incluso nas Islas Canarias. Agora coa irrupción de Podemos estas forzas víronse sobrepasadas neses lugares pero sen roubarlle demasiado escanos a estes partidos. De onde sae entón a súa forza? Dos partidos estatais. Non desexan así os cidadáns destes lugares perder a súa autonomía e capacidade de decisión nas decisión do Estado. Vexámolo:

Euskadi - Eleccións

A situación na política vasca como vemos tivo moitos movementos durante as últimas eleccións. Aínda así sempre tivo unha alta representación nacionalista no Congreso. Cómpre dicir que aquí non se están incluíndo os resultados de Podemos no 20D, partido que conseguiu escanos de EH-BILDU, PP e PSOE.

Catalunya - Eleccións

En Catalunya faise máis evidente que non se perdeu compoñente nacionalista. Vese que o compoñente nacionalista se veu aumentado se sumamos todos os escanos.

Galicia - Eleccións

En Galicia pola contra o único partido (xa que En Marea preséntase como coalición) que representaba a Galicia non conseguiu representación ningunha nos últimos comicios.

Vese, analizando os datos dende as eleccións do 2000, que nestes lugares non só non perderon forza, senón todo o contrario. Exceptuando o caso das eleccións do 2011 onde houbo un repunte dos nacionalismos que supera ás últimas eleccións. Hai algún problema con defender a rexión, autonomía ou nación que representan? Non é o lóxico que cando votas a calquera deputado este che represente? Claro que o é.

Se a Democracia Representativa na que vivos fose unha democracia real, teríamos que votar nós cada lei. Se fose representativa, tería que haber liberdade de voto por parte dos deputados, os cales deberían rendir contas ás súas provincias. Como isto non é así os partidos rexionalistas, autonomistas ou nacionalistas son un bo instrumento para que as cousas nas nestas rexións, autonomías ou nacións se teñan en conta nos asuntos do Estado.

Non debemos esquecer que o Estado está conformado por todas as autonomías, sexan unhas consideradas nacións ou non. Isto de nación non é algo que se inventase ningún galego iluminado nos últimos anos, senón que é un consenso ao que se chegou no 78 para facer a Constitución:

Artículo 2: Unidad de la Nación y derecho a la autonomía

La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las nacionalidades y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas.

Tampouco debemos esquecer que a pesar de que se nos diga que todos os españois somos iguais o certo é que se naces en Madrid, Catalunya e Euskadi tes unhas vantaxes laborais e uns salarios que nacendo, por exemplo, en Galicia non tes. Incluso por ser canario ou balear hai unhas condicións distintas ás demais. Todos somos iguais e distintos. Por iso defender os intereses do teu territorio non é, nin nunca será, ir en contra do Estado. Se unha rexión se fai máis forte todo o Estado se fai máis forte. Por todo isto votar a un partido rexionalista, autonónico ou nacionalista é a mellor das eleccións.

FONTES dos datos:

Comparativa 20D 2015
http://resultadosgenerales2015.interior.es/congreso/#/ES201512-CON-ES/ES

Resultados anteriores:
http://resultadosgenerales2015.interior.es/congreso/#/ES201512-CON-ES/ES/CA09

 

Partido Galego de Dereitas

Vivimos un tempo de cambio político. Vivos un tempo no que as cousas deben remexerse para crear novas correntes e ideoloxías.

No que aos votos se refire os resultados en Galicia son claros, aínda que non de todos @s galeg@s, xa que continuamos coa reiterancia da emigración. @s galeg@s con capacidade de votar en Galicia deixan claro que a política en Galicia se rexe por unha man conservadora.

Ademais o voto independentista galego tamén se ve minorizado a prol de votos nacionalistas que consideran a inclusión da Nación Galega dentro dun estado plurinacional. Estes votos están orientados a unha ideoloxía con políticas sociais e progresistas.

Agora ben, vendo e analizando os votos dos últimos comicios electorais (as estatais) obsérvase que na falta de opcións de votación dunha dereita que se preocupe de Galicia reside a forza das existentes forzas actuais. Cidadáns non levaba nada proposto para Galicia e aínda así tivo escanos. O PP, un partido do que agora se denominado vella política, reduciu os seus votos aínda que non todo o esperado. Moitos votantes decidiron votalos por non ter outra alternativa de centro-dereita que, con especial preocupación, tivese un programa por e para Galicia.

Vimos pouco antes de facer esta publicación unha imaxe doutro análise en nacional.gal tamén se daban conta desta situación.

Mountain View

Galicia precisa para cambiar un partido galego de centro-dereita que teña un plan específico para Galicia, que non teña que rendir contas a un ente superior e que lle dea a cidadanía o que quere: permanecer no estado, un goberno moderado e que mellore a situación de atraso que ten Galicia.

A pregunta é: Por que non pasou xa?

 

Nós - Candidatura Galega | Análise do programa electoral

Dende calquera televisión se pode obter información dos programas dos grandes partidos políticos. O máis difícil é atopar unha análise dos programas dos partidos que representan as autonomías do estado. Debido a isto dende Galicia Alive tentaremos facer un estudo dos partidos políticos unicamente galegos dende un punto de vista obxectivo: sacándolle posibles defectos, pedindo máis información nos puntos inconclusos e alabando as posibles iniciativas favorecedoras sen deixarnos por intereses partidistas.

Nesta entrada analizamos o programa electoral de Nós-CG que é unha agrupación política conformada por catro forzas:

  • BNG: Bloque Nacionalista Galego.
  • PCPG: Partido Comunista de Galicia
  • PG: Partido Galeguista.
  • CG: Coalición Galega.

Análise do programa

  • Soberanía

    Este partido ten unha visión de Galicia como unha nación e por iso alegan que se precisa unha representación propia nas Cortes. Deste xeito poderíanse incluír no parlamento español intereses e propostas galegas.

    Para lograr un mellor funcionamento de Galicia consideran necesaria a soberanía do territorio. Respaldan isto no dereito a autodeterminación das nacións e alegan a falta lexitimidade a Constitución do 1978 por proceder da ditadura.

    Tamén citan a perda de competencias das autonomías en prol do goberno español e da UE. As políticas que pretenden aprobar son as seguintes no eido da estrutura estatal e competencias de autonómicas:

    • Estado independente ou confederación.
    • Transferencia de competencias a Galicia:
      • Políticas de fomento de emprego e formación para adaptar o emprego a Galicia.
      • Marco galego de relacións laborais.
      • Xestión do réxime económico da Seguridade Social previsto no Estatuto de Autonomía.
      • Políticas de I+D+i.
      • Xestión das becas FPU
      • En relación co espazo radioeléctrico e concesión de licenzas de telecomunicación de ámbito autonómico.
      • Competencia das autoestradas AP-9 (Ferrol-Tui) e AP-53 (Santiago-Ourense)
      • Competencias de UNED, UIMP, Centro de Investigacións Científicas.
      • Xestión dos fondos públicos e as subvencións en materia de fomento deportivo e infrastutura deportiva galega.
      • TSXG máximo órgano xurisdicional.
    • Eliminar delegación e subdelagación do Goberno.
    • Supresión das deputacións provinciais.
  • Emprego e Xubilación

    • Loita pola equidade salarial en todo o Estado.
    • Derrogar as últimas reformas laborais.
    • Salirio máximo (10 veces superior ao salario medio do estado).
    • Aumento do emprego xuvenil.
    • Aumento salario mínimo.
    • Reducción de xornada a 35 horas semanais.
    • Aumento da cuantía por desemprego e Renda de Garantía por Desemprego para os parados de longa duración, ademáis de incluír aos Autónom@s e integrantes do Réxime Especial.
    • Suprimir ETT.
    • Rebaixas ás pequenas e medianas empresas, Mutuas de Previsión Social e cooperativas no tipo impositivo.
    • Aumentar o investimento en investigación ata chegar en 10 anos ao 3% e fomentar a I+D+i privada usando políticas fiscais.
    • Voltar a xubilación aos 65 anos ou 35 anos cotizados.
    • Revalorizar as pensión en función do IPC.
  • Educación

    • Aumentar as bolsas para a formación investigadora, duplicándose as axudas FPU.
    • Suprimir os artigos 3 (linguas) e 27 (educación) da Constitución.
    • Artículo 3
      1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.
      2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.
      3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.
    • Artículo 27
      1. Todos tienen el derecho a la educación. Se reconoce la libertad de enseñanza.
      2. La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.
      3. Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.
      4. La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.
      5. Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes.
      6. Se reconoce a las personas físicas y jurídicas la libertad de creación de centros docentes, dentro del respeto a los principios constitucionales.
      7. Los profesores, los padres y, en su caso, los alumnos intervendrán en el control y gestión de todos los centros sostenidos por la Administración con fondos públicos, en los términos que la ley establezca.
      8. Los poderes públicos inspeccionarán y homologarán el sistema educativo para garantizar el cumplimiento de las leyes.
      9. Los poderes públicos ayudarán a los centros docentes que reúnan los requisitos que la ley establezca.
      10. Se reconoce la autonomía de las Universidades, en los términos que la ley establezca.
  • Educación universal de 0 a 18 anos e obrigatoria de 3 a 18 anos.
  • Derrogar a LOMCE.
  • Eliminación dos concertos dos centros que segregan por sexo.
  • Ensino público, laico, gratuíto e coeducativo.
  • Conxelar taxas universitarias.

  • Sanidade, Xustiza e Vivenda

    • Eliminación copago.
    • Garantir o financiamento suficiente da sanidade pública.
    • Gratuidade dos medicamentos.
    • Devolución das preferentes e subordinadas.
    • Regrar as os incentivos desmedidos dos altos directivos do sector financeiro.
    • Establecer a lingua galega como de uso por defecto na Administración de Xustiza tanto nas resolucións trámites xudiciais como na relación cos e coas administradas.
    • Dación en pago.
    • Aluguer de vivendas de grandes propietarios e lexislacións dos prezos.
  • Natureza

    • Incentivar o uso de renovables, derrogando o imposto que afecta a estas.
    • Prohibir fracking.
    • Non ás novas plantas nucleares nin prórrogas das que xa existen.
    • Favorecer a creación de unidades produtoras de electricidade e cooperativas de consumo renovables.
    • Internalizar os custos ambientais nas actividades contaminantes.
    • Derrogar as reformas da Lei de Costas.
    • Seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas.
    • Demandar saneamento integral das rías galegas.
    • Demandar a xestión dun programa permanente de inspeccións e seguimento do estado e seguridade do vertedoiro con 140.00 toneladas de lixo nuclear na Fosa Atlántica a 600 km da costa galega.
    • Recoñecer a propiedade comunitaria do monte.
    • Incluír o eucalipto como especie invasora.
    • Prohibir todo tipo de acto de tortura contra os animais.
  • Loita contra o fraude

    Loita contra o fraude, economía soterrada, evasión en paraísos fiscais e sociedades pantalla.

    • Modificación lexislativa.
    • Incremento da inspección.
    • Regulación do sector financiero, supervisando con maior rigor entidades e axentes financieiros.
    • Eliminación da SICAV.
    • Modificar o tratamento penal para as persoas implicadas en casos de corrupción e afondar nas penas accesorias.
    • Loitar contra as portas xiratiorias e incompatibilidade de cargos.
    • Declaración de ingresos, bens e intereses dos cargos públicos.
    • Reformar a Lei de Contratos do Sector Público, o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil e Orzamentos xerais.
    • Publicar orzamentos e gastos en prevención e extinción de incendios.
  • Liberdade, acción social e igualdade

    • Cancelar a reforma da Constitución española do artigo 135.
    • Derrogar a normativa da doutrina do “déficit cero”.
    • Defender a neutralidade da rede.
    • Revisar a lexislación sobre a protección e retención.
    • Restaurar o dereito á copia privada e á resdistribución de contidos dixitais.
    • Nova lei sobre consultas públicas.
    • Reforma da Iniciativa Lexislativa Popular.
    • Derrogar a “Lei Mordaza”.
    • Reforma de LOXP.
    • Modificar a lei antiterrorista.
    • Igualar os dereitos de proxenitores biolóxicos aos de proxenitores adoptantes.
    • Igualar a prestación económica nas baixas por enfermidade común durante o embarazo as prestacións por suspensión de contrato por risco para o embarazo.
    • Proporcionar unha renda durante os períodos de excedencia por coidado de fill@s.
    • Realizar unha avaliación rigorosa sobre a aplicación da Lei contra a violencia de xénero, a fin de adoptar as modificacións que sexan necesarias á vista da experiencia na súa aplicación.
    • Loita contra o maltrato á muller.
    • Apoio aos dereitos LGBTI (lesbianas, gays, bisexuais, transexuais e intersexuais.
  • Cultura e Deporte

    • Representación internacional das seleccións galegas.
    • Mellorar instalacións de tecnificación deportiva avanzada.
    • Deducións fiscais na sección de imposto sobre a renda para os gastos de deporte derivado prescrición terapéutica.
    • Expandir a cultura galega polo estado español.
    • Destinar o 1% cultural á conservación.
    • Dereitos lingüísticos no estado no seu uso e garantía de poder facelo.
    • Actualizar a toponimia e webs oficiais.
  • Informática, Comunicación e Política Exterior

    • Potenciar o software libre.
    • Garantía de TV pública independente e de calidade
    • Reformular as funcións das Forzas Armadas: só para defensa.
    • Revisar a política de venda de armamento.
    • Condenar a Marrocos pola ocupación do Sáhara Occidental.
    • Recoñecemento do Estado Palestino.
    • Disolución da OTAN.
  • Transporte

    • Demandar o remate das infraestruturas ferroviarias de alta velocidade.
    • Comisión de Investigación de Angrois.
    • Traspasar a Galicia os trens rexionais e de proximidade.
    • Mellora da A-8.
    • Transferir a Galicia a competencia das autoestradas AP-9 (Ferrol-Tui) e AP-53 (Santiago-Ourense).
  • Política territorial

    Cambio no modelo de estado a confederal ou estado galego independente. Dereito a autodeterminación. Ruptura democrática para que Galicia poida asumir a soberanía por medio dun proceso constituínte.

    • Dereitos das nacións dentro do estado español: deben ter os mesmos dereitos que calquera outro pobo libre no concerto mundial.
    • Mellor reparto do aportado dende o estado aos concellos debido a dispersión de poboación galega e avenllentamento. Tendo isto en conta para o reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE).
    • Cambiar o fuso horario galego ao GMT 0.
  • Política económica

    Achagando máis quen máis ten e unha redistribución da riqueza máis xusta.

    • Políticas afastadas do neoliberalismo.
    • Contra o pago das perdas por parte da sociedade e a privatización das ganancias (rescate bancario).
    • Concerto económico.
    • Colocar intereses e propostas galegas.
    • SOBERANÍA POLÍTICA e SOBERANÍA ENERXÉTICA.
    • Invalidez da Constitución do 1978 por provir da dictadura.
    • Dereito á autodeterminación. Soberanía como algo indispensable. Loita contra a perda de competencias das autonomías en prol do goberno español e da UE.
    • Rebaixa do IVE:
      • 4% para bens e prestación de servizos ligados á cadea alimentaria, a cultura, a factura da luz e ós produtos de hixiene intíma.
      • 7% será o reducido.
      • 16%, no caso do xeral.
    • As empresas con actividades de explotación en Galicia mais domicilio social noutras comunidades terán que tributar en Galicia.
    • Novos tramos no IRPF. Maior esixencia ás rendas máis altas.
    • Para as Sociedades que superen os 100 millóns de euros aplicaráselles un 35%.
    • Pagamento das débedas dos clubes deportivos.
    • Tarifa eléctrica propia galega debido a ser excedentaria na produción eléctrica.
    • Favorecer a creación de unidades produtoras de electricidade e cooperativas de consumo.
    • Empresa pública galega en materia de enerxía.
    • Potenciar a Banca Pública e novas fórmulas de participación pública.
    • Participación nas accións da Banca logo das axudas e incluír a Taxa Tobin (grava transaccións especulativa).
  • Dúbidas

    Logo de ler todas estas propostas aparacen certas dúbidas que deberían ser aclaradas:

    • Economía
      • De onde se sacan os datos para afirmar: “un concello galego recibe de media 196 euros por habitante mentres que no cunxunto do Estado español a media ascende a 245€”?
      • Coméntase no programa no apartado de Política orzamentaria: “O estado central ten a responsabilidade de xestionear pouco máis do 50% do gasto público, mais reservase para si o 78’6%, nun claro exemplo de recentralización da estrutura do Estado.” Que quere dicir isto e como repercute n@s galeg@s?
    • Emprego
      • Ao derrogar as últimas reformas laborais, por que outro marco laboral se substituirá?
      • Como se fará o aumento do emprego xuvenil?
      • Retomar os 45 días por ano de servizo de indemnización por despido.
      • De onde se pretende financiar o aumento do emprego xuvenil, aumento salario mínimo e aumento do emprego xuvenil?
      • Con respecto a suprimir as ETT. Cal sería o substituto?
      • Coas políticas de ingreso lograríanse cubrir as políticas encamiñadas á sociedade?
      • Revalorizar as pensión en función do IPC. Como se as arcas están baleiras?
      • Eliminar a discriminación ou penalización existentes ás persoas empregadas a tempo parcial. Aumentar as pensións e igualalas ao salario mínimo. Salario de inserción laboral. Seguimos reiterando e cuestionando o método de financiamento.
      • Políticas de impulso renovables e de aforro enerxético: como (custos) e cales?
      • No programa escríbese: “Un 25% do aforro galego – 14.000 millóns de euros ao ano – emigra para apoiar investimentos fóra da Galiza”. De onde se recolle esta información e de que xeito pasa isto?
      • Potenciar Banca Pública e novas fórmulas de participación pública. Que custo tería isto?
      • Que quere dicir o recoñecemento dos dereitos sociolaborais a mariscadoras a pé e redeiras e o recoñecemento do dereito a votar por parte dos mariñeitos galegos embarcados nas frotas de altura e grande altura?
    • Sanidade
      • En sanidade o gran problema que vemos é a financiación ao igual noutros campos.
    • Cultura e Deporte
      • Para que serve permitir a liberdade de asociación das federacións a outras entidades?
    • Liberdade, acción social e igualdade
      • Non se comenta nada con respecto a unha minoría existente como son os homes maltratados. Pretende facerse?

    Despois de expoñer os puntos máis destacables do programa de Nós-CG e as dúbidas que nos xurden só recomendamos o de sempre: Le os programas e non deixes que chos conten!

    En Marea | Análise do programa electoral

    Dende calquera televisión se pode obter información dos programas dos grandes partidos políticos. O máis difícil é atopar unha análise dos programas dos partidos que representan as autonomías do estado. Debido a isto dende Galicia Alive tentaremos facer un estudo dos partidos políticos unicamente galegos dende un punto de vista obxectivo: sacándolle posibles defectos, pedindo máis información nos puntos inconclusos e alabando as posibles iniciativas favorecedoras sen deixarnos levar por intereses partidistas.

    Nesta publicación expoñeremos algúns puntos importantes do programa de En Marea. Non nos adentraremos demasiado xa que o seu programa é sinxelo de ler e moi curto. Podedes descargar o seu programa en versión pdf pinchando aquí. Sen entrar en orientacións políticas, ler o programa de En Marea é un bo xeito de adentrarte no costume de coñecer os programas electorais de primeira man. Dende Galicia Alive sempre dicimos “Non deixes que cho conten” e continuamos abogando por esta metodoloxía. Esta nova agrupación política está conformada por tres forzas:

    • Anova: formación política galega.
    • Podemos: é un partido político español fundado en xaneiro de 2014.
    • EU: Esquerda Unida.

    Análise do programa

    Cómo xa se dixo este é un programa fácil de ler debido a súa esquematización dos puntos e propostas. Debido a isto, simplecidade e esquematización, as súas propostas son demasiado abertas e inconcretas. Ben sabido é que isto tanto é algo inhabitual nos programas electorais.

    Este programa comparte moito co outro programa propiamente galego de Nós-CG. Sen embargo este partido non promulga en ningún caso a independencia de Galicia, aínda que si reclama o seu recoñecemento como nación dentro do Estado.

    Propón un gran número de políticas sociais tanto en participación política, liberdades e no ámbito laboral. Optan por unha sanidade, educación e enerxía pública. Neste último aspecto optan polo autoconsumo e en contraposición co programa de Nós-CG non expoñen unha facturación propia para Galicia. Algo salientable tamén, pensando nos grupos minoritarios, é a proposición da Lei Celíaca, da que non dan ningunha información adicional (se estades interesados pinchade aquí para ver unha aplicación desta lei en Arxentina). Económicamente propoñen a creación dunha Banca pública de caracter ético (Banca ética).
    Outras medidas que pretenden levar a cabo son a paralización da A57 e a saída de ENCE da Ría de Pontevedra. Como medidas estranxeiría teñen, entre outras, as seguintes propostas: erradicación voos de deportación e creación dunha lei de acollida e convivencia intercultural. Plantean tamén a lexislación do uso do cannabis.
    No eido da xustiza é a loita contra a corrupción aspiran a creación e toma de numerosas medidas aínda que sen entrar en detalle.

    Para resumir, as medidas que pretenden tomar son principalmente sociais e do amparo do público. Pero coma sempre non hai mellor persoa para evaluar as cousas ca un mesmo e con este curto programa non hai escusas.

    Eleccións Xerais 2015

    Aparentemente a sociedade está dividida no tema da política. Non só a nivel de ideais, senón no xeito de abordarla. Moitos consideran a política un estigma, outros o que move a sociedade e, finalmente, os indecisos que bailan entre as dúas.

    Dende a miña visión, a política debe ser tomada con moderación e visión aberta. Ao longo da vida a percepción da realidade cambia. Cantas veces cambiamos de opinión logo de que algo acontecese? Debido a isto non me gustaría que a xente fose a votar sen coñecer as opción de voto que teñen, sería estupendo deixar de votar por sistema e facelo con senso. Aquí están recopiladas todas as forzas póliticas e os enlaces ás súas páxinas das opcións políticas de Galicia para as Eleccións Xerais do 20 de decembro, para que sexas TI o que te informes e non sexan os interesados os que che vendan fume.

    Considero que a política debe importarnos na medida na que nos afecta. Por iso votemos, non votemos ou a quen votemos debe estar respaldada por un razoamento sensato. Espero que isto sexa útil.

    • C’s: Ciudadanos é unha forza nova que en Galicia non deu polo de agora unha sorpresa a nivel de número de votos. Non ten páxina web propia para Galicia nin tampouco o nome.
    • En Marea: esta nova agrupación política está conformada por tres forzas:
      • Anova: formación política galega.
      • Podemos: é un partido político español fundado en xaneiro de 2014.
      • EU: Esquerda Unida.
    • Nós-CG: é unha agrupación política conformada por catro forzas:
      • BNG: Bloque Nacionalista Galego.
      • PCPG: Partido Comunista de Galicia
      • PG: Partido Galeguista.
      • CG: Coalición Galega.
    • Ourense pola esquerda: Non atopei información con respecto a este partido.
    • PACMA: Partido Contra el Maltrato Animal, non ten páxina en galego.
    • PCPE: Partido Comunista de los Pueblos de España.
    • PP: o Partido Popular é unha das formacións máis asentadas en Galicia, a súa de representación dentro de Galicia é PPdeG.
    • PSOE: o Partido Socialista Obrero Español coa súa delegación Galega, PSdeG foi un dos partidos que gobernou en Galicia dende a democracia.
    • PT: Partido da Terra é un partido que se autodefine como unha mancomunidade de organizacións políticas parroquiais e comarcais orientada para a realización de autogoberno asamblear e da utosuficiencia rural.
    • SAIN: Partido de la Solidaridad y Autogestión Internacionalista.
    • VOX: segundo eles se define é un proxecto pólitico para a renovación e o fortalecemento da vida democrática española.
    • Recortes Cero – Grupo Verde: composto por:
      • Recortes Cero: Agrupación asamblearia en prol da cidadanía.
      • Grupo Verde: é un partido ecoloxista con máis de vinte anos de vida. Non se atopou delegación propia en Galicia.
    • UPyD: Unión Progreso y Democracia, aparentemente non ten delegación alomenos en forma de páxina web e no que a nome se refire, entrou en Galicia sen demasiada forza hai uns anos.

    Se queredes saber se podedes votar ou non a estes grupos políticos en función da provincia pinchade aquí para ler o artigo de Praza Pública e coñecer o reparto de forzas.