Os nomes galegos máis fermosos

En Galicia está crecendo o uso de nomes galegos para os novos nacementos. Dende Galicia Alive imos facer as nosas propostas para os nomes que consideramos os máis fermosos da nosa lingua:

NOMES DE RAPAZAS:

  1. Sarela
    Nome dun río de Compostela: Sar.
  2. Xoana
    Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’.
  3. Erea
    Grega: paz
  4. Xiana
    Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter
  5. Xulia / Xuliana / Xulieta
    Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter
  6. Galicia
    Céltica a través do nome que deron os romanos á nosa terra: Callaecia ou Gallaecia, pronunciado aprox. Kalaikia, a partir do etnónimo céltico calleaci, posiblemente derivado do teónimo Caleac. Polo tanto o significado podería ser terra do pobo da deusa Caleac.
  7. Noela
    Relativa ás orixes da Vila de Noia.
  8. Sabela
    Hebrea: consagrada a Deus, adoradora de Deus.
  9. Branca
    Xermánica: (*blank) branca, brillante.
  10. Lúa
    Nome afectivo e augural dado a unha meniña co desexo de que sexa tan
    luminosa, bela ou inflluente coma a lúa (do latín luna).
  11. Tareixa
    Nome hispano frecuente na Idade Media que tiña como forma primitiva
    Tarasia, de orixe escura.
    Variantes: Tereixa, Teresa.

NOMES DE RAPACES:

  1. Xoán
    Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, ‘Deus é misericordioso’.
    Variante: Xan
  2. Xoel
    Hebreo: Iavé é Deus
  3. Martiño
    Latina: de Marte, ou guerreiro
  4. Xián
    Latina: da familia Xulia
  5. Brais
    Do alcume latino Blasius, posiblemente procedente do latín blaesus (tatexo)
  6. Cibrán
    Latina: delgado, transparente ou orixinario de Chipre
  7. Tristán
    Celta: ruído ou mensaxeiro
  8. Anxo
    Grego: Mensaxeiro.
  9. Osián
    De orixe escura. Para algúns procede do gaélico oisin, ‘cerviño’. Tamén é
    posible que teña que ver coa exclamación hebrea Hoxianna! (latinizada
    Hosanna)
  10. Breixo.
    Latina: sincero, que conta a verdade
  11. Breogán
    Celta: xefe dos celtas que poboaron Galicia

(máis…)

Cal é o teu himno?

Cada vez que vemos O Noso Derbi o como decimos en Galicia Alive O Noso Clásico desfrutamos dun espectáculo espectacular do Himno de Galicia.

Segundo a RAG un himno é:
Composición musical destinada a ser cantada en honra e loanza de algo ou de alguén e que se converte en símbolo dunha comunidade de persoas, dun ideal etc.

Dende aquí queremos preguntarvos: ¿Dos seguintes himnos cal considerades o voso?

  • Himno do Antigo Reino de Galicia

  • Himno de Galicia (actual)

  • Himno do Reino de España

  • Himno da Alegría

  • Himno da II República Española

Dende Galicia Alive deixamos a escolla a vosa elección, pero ante todo pedimos respecto a decisión de cada persoa. Comentádenos aquí a vosa preferencia.