Castellano de Catalunya para galegos. Segunda edición

Como continuación do anterior artigo colgado sobre o castellano de Catalunya, temos o artigo de hoxe. Esta é a segunda edición desas palabras que utilizan os cataláns por contaminación da súa lingua propia.

  • Hacer campana

Podería ser que houbese moitos campaneiro, pero non é iso. Polas terras galegas, a expresión máis usada é latar. Faltar á clase, este é o significado.

  • Explicar

Os cataláns xamais che contarán un conto, non, eles explícancho directamente. Eugenio explicaba chistes. 😉
Tampouco se contan os contos. Os contos tamén se explican.

MNAC en Montjuic

  • Natural

Por favor, un café con leche. (Si us plau, un café amb llet)

– Caliente o natural (Caliente o Natural)

– … (quero que sexa natural, pero tamén a quero quente…)

As cousas do tempo son naturais.

  • Merci

Pois si, é francés. A palabra correcta en catalán é gràcies. O equivalente é como cando nós usamos obrigado

Parc Güell

  • Deu 

Pois para despedirnos imos con esta palabra que é maneira curta de dicir adeu (adeus en galego). É o seu particular deica.

Hai algunha expresión máis que deixaremos para algún artigo posterior. Esperamos que vos gustase.
Agora axúdanos a seguir escribindo mercando calquera artigo a través deste link:

http://amzn.to/2p7rCqB

Castellano de Catalunya para galegos

Dende fai uns anos, eu, como corresponsal de Galicia Alive, vivo na Cidade Condal de Barcelona. Como sabedes ao igual que en Galicia, Catalunya ten unha lingua de seu, a cal fai que as persoas cando falen en castellano fagan traducción literais ou usen palabras que desconcertan aos que non somos de alí. Pensade, por exemplo, cando lle dicides colo a un estranxeiro…

Tedes aquí unha serie de expresión e palabras que vos serán de utilidade por se vides a Barcelona.

– Hacer una cervezas

A pesar de que en Barcelona existen moitas cervexas de artesás, isto non quere dicir que a persoa en si teña unha destilería, non. Isto é unha invitación para tomarlle unha.

– Ves

Ves a la mierda… Non che están preguntado se a ves algún excremento. Estanche dicindo que non que caes moi ben. Ves é o imperativo do verbo anar que é ir en català, é dicir é o noso vai .

– Os cataláns non saben se veñen ou van

En Catalunya o uso de ir e de vir é confuso. Se estás falando por teléfono cunha persoa e quedades na túa casa, esta persoa dirache vengo… Isto é moi é simple de explicar, pero é fácil de notar cando non está ben.

Sagrada Familia

– Plegar

A palabra plegar significa dobrar ou encartar a roupa. Debido a que durante o boom textil en Catalunya moitas persoas se dedicaban a empaquetar o producto. Tamén está a teoría de que vén de orixe mariñeiro: plegar velas ao chegar a porto.

– Póñenlle pero a calquera cousa

Comemos, pero…. Aínda que non é en toda Catalunya, en algúns lugares sí se utilizan este pero como coletilla.

Festes de Gràcia

– A muiñeira é distinta.

Cando escoitas a unha persoa catalana falar de muiñeira, en moitos casos falarán de “muñeiras” sen o “i”. Por que? En català, a palabra munyir (débeser ler “muñir”) significa muxir. Polo que para eles sería algo como a muxidora…

Hai outras expresións e palabras características, pero deixarémolas para próximas ocasións.