Camiño de Santiago desde Sarria (IV): Chegar a Sarria

Unha vez chegado a Sarria, un pode escoller, en función da hora, se facer noite alí ou comezar xa o camiño. En función do lugar de partida, o xeito de chegar a Sarria varía. Por iso vos damos as mellores opcións dende as principais cidades da Península Ibérica.

En tren

En función da vosa localización inicial, quizais a mellor das opcións sexa ir en tren. Para isto, podedes buscar alternativas na web de RENFE.

En autobús

A opción de ir en bus é recomendable para lugares que non teñan conexión directa con Sarria en tren. Ademais, tamén se recomenda para os que viaxen en avión ata Santiago de Compostela.

  • Santiago de Compostela – Sarria

Para chegar dende Santiago de Compostela a Sarria, Monbús ten a opción de ir directamente na súa páxina web.

Monbus – English | Monbus – castellano | Monbus – galego

CREDENCIAL

A credencial pódese conseguir mesmamente en Sarria en canto cheguedes. Tamén a podedes levar de antemán indo a algunha Asociación do Camiño. Custa entre 0,5 e 2€ en xeral, noutros é só a bontade. Ese é o pasaporte para conseguir a Compostella, o certificado do Camiño de Santiago. Sarria é o lugar máis próximo a Compostela dende o cal se pode conseguir: 115km. Ó chegar a Sarria, deberás conseguir e selar dúas veces a Credencial, que acredita como peregrino e que deberás mostrar ó chegar ós albergues e refuxos. Esta credencial sélase dúas veces ó día, cada vez que se cumpra unha etapa, constatando que se pasou por todos os pobos.

Credencial do Camiño de Santiago acompañada dunha Cervexa Xistral

MAPA

Neste mapa inclúese todo os 5 días do Camiño dende Sarria ata Santiago de Compostela.

HISTORIA

Para coñecer un pouco da historia do pobo, pódese entrar na web do concello no apartado de historia. A finais do século XII, Afonso IX funda Vilanova de Sarria. Dálle o foro polo que ía rexerse como vila real e contribúe á repoboación das súas terras, nas que morrerá en 1230, vítima dunha grave doenza cando peregrinaba á tumba do Apóstolo para dar grazas pola reconquista da cidade de Mérida. En tempos de Afonso X (1252-1284) aparece como señor de Lemos e Sarria Esteban Fernández de Castro, quen axudou na reconquista das cidades de Córdoba e Sevilla. No século XV queda vinculada á Casa de Lemos a cal está vinculada ó Mosteiro da Madalena. Os primeiros anos do século XIX, Sarria era carlista (estado de guerra en novembro de 1839). En 1880 chega o ferrocarril o que fixo mellorar a súa actividade económica. En 1896 instálanse en Sarria os Pais Mercedarios inaugúranse as Escolas Públicas. A actividade comercial e industrial da vila va aumentando e a principios do século XX xa alcanzaba unha poboación de 1500 habitantes. Ábrense novas rúas e a actividade exportadora (gando, cereais, castañas, patacas, xamóns e chourizos) fará que a riqueza vaia en aumento. En 1915 chega a electricidade e pouco máis tarde a traída de augas. Os periodos da Ditadura e a II República traen aumento do número de estradas e escolas e a urbanización das principais rúas da vila. A octocentaria vila de Sarria foi lugar de paso de peregrino desde a Idade Media, aínda que non figura no Códice Calixtino, a súa historia está ligada ás peregrinacións.

O NOSO ALBERGUE

O día que chegamos a Sarria foi o mesmo que comezamos o camiño cara Santiago de Compostela.

ALBERGUES PÚBLICOS

Na época na que nós fixemos o camiño (maio) non facía falta levar os albergues reservados, aínda que nós si os reservamos. Aquí, na web de turismo de Sarria tedes unha táboa cos albergues públicos por se queredes ir á aventura.

QUE FACER EN SARRIA?

O que non debe deixar de ver é a axenta de eventos.

QUE VISITAR EN SARRIA?

Se estades con tempo, podedes aproveitar para visitar os seguintes lugares. Moitos deles están na ruta do Camiño Francés, así que xa os veredes. É moi importante a Rúa Maior que é a principal. Nela atópanse a maior parte dos lugares que exporemos a continuación e verédelos durante o a vosa andaina no camiño.

Castros

En Sarria atopáronse dous castros. Un deles é o de Seteventos e o outro é o de Vilapedre. Aínda que hai lugares máis recomendables para visitar este tipo de contruccións da Idade de Ferro noutros pobos de Galicia.

Edificacións civiles

Neste apartado temos edicacións de civiles e edificios para uso civiles.

Este edificio tivo diversos usos durante a súa vida. Actualmente é sede da Biblioteca Pública “Camilo Gonsar”. Ten salas de exposicións e punto de acceso a Internet e atención de peregrinos.

A “Casa Vaamonde” foi erguida a finais do século XIX por encargo da familia Vaamonde. Dende 1920 é Casa Consistorial. Alberga oficinas administrativas, a Policia Local e servizos de información ó cidadán e ó peregrino.

Institución xa desaparecida cuio orixe se remonta ata o 1850. Ten unha certa inspiración modernista na fachada.

Esta casa blasonada data do s. XVIII.

Na Rúa da Mercé está o que foi o edificio carcelario entre 1930 e 1950. Actualmente adicado a actividades culturais, entre as que destaca a exposición de obras do “Salón d’Automne” de París que se celebra cada segundo ano.

É o edificio que alberga o actual xulgado. Foi fundado por don Dinís de Castro e Portugal no ano 1589 coa intención de atender aos peregrinos cando volvían de Santiago.

O edificio albergou sucesivamente a sede da Obra Pía dos Hospitales de Santo Antón e San Lázaro, a sede do Reximento da Vila, a Escola de Gramática e a de Primeiras Letras, o Cárcere (1896-1928) e, entre 1820 e 1920, o Concello.

É a sede da Sociedad Cultural La Unión e outro dos palacetes do s. XIX coñecido como “Quintas de los Madrileños”.

  • Casa de Puche

De fachada modenista, ocupa o solar do HOSPITAL VELLO e Obra Pía dos Díaz de Guitián. (Rúa Maior nº 16)

A edificación data dos anos 1855 – 1860. Foi erguida por don Juan María López, capellán castrense; Tivo capela adicada a San Roque onde estivo o seu sepulcro, trasladado agora á igrexa de Santa Mariña.

Tamén coñecida como “Casa dos Saavedra”, ocupaba o espazo das actuáis casas 21 a 31. Consérvase a torre central, así como os blasóns, un dos cales data do 1512.

  • Casa Natal de Matías López López

Contigua ó Albergue de Peregrinos da Xunta de Galicia está a casa natal do industrial chocolateiro en Madrid, político e filántropo don Matías López López (1825-1891), introductor da moderna publicidade comercial en España.

Sarria - mural dos peregrinos
Camiño de Santiago – Día 1
Sarria – mural dos peregrinos

Pazos

O exemplo de pazo máis céntrico témolo coa Fortaleza de Sarria, aínda que hai outros moitos no Concello.

A primeira edificación militar alzouse no s. XIII, e os donos do Condado, correspondendo ó infante don Enrique de Trastamara, a Bertrand Duguesclin, a Fernando de Castro, ós Condes de Trastamara e, finalmente, foi concedida polos Reis Católicos, que a repararon con cargo á Santa Irmandade, ós Condes de Lemos. Nela pernoctaron Sabela e Fernando, Carlos I e Filipe II.

Foi derruída durante “Revolta Irmandiña”, a primeira gran revolta campesiña de Europa do s. XV, e reconstruída a costa dos vasalos das “Cinco Probas”. Actualmente consérvanse soamente unha torre de flanco de lousa e pedra de granito que alcanza os 15 metros de altura.

Esculturas

Na Praza da Constitución hai unha estatua pétrea que recorda ó Rei Afonso IX, cuia morte tivo lugar en Vilanova de Sarria (24 de septiembre de 1230).

Edificacións relixiosas

Múltiples edificacións relixiosas foron levantadas nos territorios que hoxe compoñen o Concello de Sarria.

A igrexa nova de Santa Mariña construíuse con cargo á testamentaria de don Juan María López e inaugúrase en 1885. A súa torre alberga un reloxo público. No seu interior hai diversas imaxes de interés: Santa Mariña e San Xoán (patróns da vila), obra de Isidoro Brocos. O Cristo Crucificado, de Magariño, o sepulcro de don Juan María López, as vidrieiras de San Matías e San Andrés, donadas por don Matías López e as deterioradas pinturas dos catro evanxelistas. No “adro sur” hai un “cruceiro” da escola compostelana, e no muro hai unha pintura mural de temática xacobea, da pintora Veloso. Na Travesía da Igrexa está la Casa Rectoral (1778) con inscripción votiva.

Situada ó comezo da Rúa Maior, fronte á Torre da Fortaleza e o Xulgado (antigo Hospital de Santo Antón Abade) é unha obra que data do século XIII. A súa nave é rectangular. Está encadrada no gótico primitivo, aínda que tamén contén elementos románicos.

Actualmente rexido pola Orde da Merced, polo que tamén se coñece como Convento dos Mercedarios, foi unha institución de acollida de peregrinos que “ían para Compostela”, promovida a principios do século XIII por uns frailes italianos (“Laudantes Deum”) xunto á capela de San Brais de Vilanova. De feito, hoxe en día hai un albergue de peregríns no mosteiro.

Este é o edificio máis representativo da vila e garda como restos románicos (s. XIII) unha porta no claustro e un arco na Capela do Santo Cristo. Tamén contén partes do periodo gótico (séculos XIV-XVI).

Único resto do antiguo Hospital de San Lázaro, que estivo destinado á atención de leprosos ata o ano 1700. A su lado hai un cruceiro de Manuel Mallo. Esta pequena capela con porche data de s. XVIII. Está na Rúa do Porvir (“Rúa dos Anticuarios“) onde se poden visitar varias tendas de anticuarios, cunha variada e rica oferta.

No concello de Sarria hai moitas outras edificacións relixiosas nas súas parroquias. Algúns deles son os Mosteiros como Santo Estevo de Calvor (785), San Mamede de Pinza, Igrexa de Santiago de Barbadelo e San Martiño, San Mateo de Vilapedre (segunda metade do X), San Paio de Cesar, San Paio de Piñeira, San Pedro de Taíde, San Salvador de Barxa, San Salvador de Rosende, Santa María de Corvelle (857), Santiago de Mortoláns…

Outras construccións civiles

Dentro das construcciós civiles atoparedes fontes, escaleira e pontes cun encanto peculiar. Como exemplos temos o Muíño da Ponte Ribeira, Ponte da Áspera, Ponte Vella do Mazadoiro e Fonte Ribeira. Algúns de especial relevancia doutras construccións civiles que atoparedes:

Sarria - Escaleira da fonte
Camiño de Santiago – Día 1
Sarria – Escaleira da fonte

Construída a mediados do s. XIX, agora chamada Escaleira Maior ou Escaleira de Fonte, permite o acceso directo á “Vila”, zona histórica da poboación desde o “Arrabaldo”.

Un moderno cruceiro, da autoría de Manuel Mallo, e un mosaico co escudo municipal ambientan este espazo. Desde alí pódese contemplar a vila e a “Veiga de Sarria”, co Monte de Santa Cristina ó fondo, a Cha de Santa Marta, a Serra da Illoá, o Monte da Meda e a Serra do Iribio.

Está á altura de onde se hachaba o fito xacobeo do km 111. Os Reis Católicos concedéronlle á vila o beneficio dunha Feira Franca anual no 1487. Na actualidade celébranse feiras os días 6 (desde 1890), 20 (desde 1820) e 27 (desde 1946), cunha amplia oferta de ganado vacuno, cabalar, porcino e lanar. Hai ademais “mercadillo” de produtos agrarios e tendas ambulantes. Conta con pulpeiras para degustación de “polbo á feira”.

Axúdanos a seguir escribindo

Para poder aumentar a calidade das nosas publicacións precisamos máis tempo. Podedes axudarnos mercando a través de Amazon. Deixámosvos os seguintes links que vos poden resultar útiles e interesantes:

 

REFERENCIAS

http://sarriaturismo.com/pdf/recorrendo_sarria.pdf

http://www.sarriaturismo.com

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com