Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
Cambodia DÍA 8: Voo de Chiang Mai a Siem Reap

Cambodia DÍA 8: Voo de Chiang Mai a Siem Reap

Continuábamos viaxe e agora cambiaríamos de país. A emoción de coñecer una nova cultura e un novo país estaba fervendo.

TRANSPORTE

Opcións do hostal de Chiang Mai (Mae Ping Home) ó aeroporto:

Valoramos todas as opcións que tiñamos:

  • Servizo da casa: Escollemos este para ir ó aeroporto. Gustounos moitísimo o trato de Mae Ping Home. De seguro que se volvemos a esta cidade, repetiremos.
  • Grab: no caso de non ter o servizo da casa, esta sería a opción que tivésemos escollido.
  • Transporte público: O transporte público tailandés non é o máis óptimo

O tempo nas dúas primeiras opción é duns 8 -10 min

VOOS

Coa compañía Thai Smile terás unha boa experiencia. Pero debes saber os seguintes detalles para estar máis tranquilo:

Comida no Thai Smile
Comida no Thai Smile
  • Acostuman a cambiar os horarios (10 min arriba ou abaixo). Recibirás un mail alertando do cambio de hora
  • O check-in non se pode facer online ata 24 horas antes
  • Podes meter unha mochila grande e unha pequena de man sen problema
  • Incluso nos voos curtos tes unha comida incluída no prezo

Para ir dende Chiang Mai ata Siem Reap hai que facer escala en Bangkok. Isto fixo que o día que viaxamos o pasásemos en aeroportos debido a escala en Bangkok. CONTROL DE PASAPORTES As sensación no control de pasaportes no aeroporto de Siem Reap (REP) non foron demasiado boas. Primeiro, tivemos que agardar nun cola para pagar os 30$ por persoa que se precisan para entrar no país. O primeiro dos funcionarios colle o diñeiro e o pasaporte e díxonos (non demasiado amable) que fósemos ao final do mostrador. O noso pasaporte pasou polas mans doutros 10 ou 15 funcionarios. O último deles “lía” o nome do pasaporte. O “lía” vai entre comiñas porque o funcionario pronuncia o nome que se lle ocorrese (asumimos que era porque non sabía ler o noso alfabeto). Despois diso, tivemos que agardar para que nos fixesen o control de pasaportes coma tal. Tocounos o máis lento e mal encarado. Esta experiencia non foi nada agradable. Ármate de paciencia para esta situación.

Voos Chiang Mai-Bangkok-Siem Reap con Thai Smile
Voos Chiang Mai-Bangkok-Siem Reap con Thai Smile

TRANSPORTE Traslado desde Aeroporto REP ó Hotel O hotel recóllenos. Temos que proporcionarlle a información do VOO. A chegada foi ás 19h 45, xa de noite, outra vez. As sensación sempre son raras. Estivemos agardando ao noso tuk-tukeiro e parecía non chegar. Había un lote de tuk-tukeiros agardando por persoas que acababan de chegar. Era un caos. Un tuk-tuk virá a recollervos de xeito gratuíto, pero coa intención de ser o teu tuk-tukeiro para os seguintes días. Nós xa levábamos un apalabrado de antemán.

ALOXAMENTO

En Siem Reap pasaríamos dúas noites. Para este cometido escollemos o seguinte aloxamento: Dream Mango Villa Phum Wat Damnak, Krong Siem Reap, Cambodja Phum Wat Damnak, ក្រុងសៀមរាប 8VW5+WG Siem Reap, Cambodia dreammangovilla.com Teléfono: +855 87 992 899 A habitación do resort e o resort en si están ben. O dono resort é todo un personaxe e un perigo pola cantidade cervexas ás que vos vai invitar. O peor do resort é a súa localización. As rúas para chegar a el son moi escuras. Seguramente, se volvésemos agora, buscaríamos outro lugar. O último que estivemos en Siem Reap tiñamos o voo de noite. O dono deixounos quedar na habitación ata o momento de ir ó aeroporto, pero iso xa o contaremos.

HISTORIA RECENTE (Khmers Vermellos)

Os Khmers Vermellos (Jemeres Rojos) é o nome co que foi coñecida a organización guerrilleira camboxana que, tras a Guerra de Vietnam, a saída dos Estados Unidos e o derrocamento do xeneral Lon Nol (que rexía unha ditadura militar desde 1970), tomou o poder o 17 de abril de 1975 (a «Caída de Phnom Penh»). Fundou a Kampuchea Democrática, un sistema de Goberno de características autoritarias que, baixo a aparencia formal dunha república popular de inspiración maoísta, consolidou na práctica un sistema de economía radicalmente agraria, baixo a consigna da evacuación das cidades e destrucción da civilización urbana e a súa cultura, consideradas burguesas, a reconstrución social desde as orixes da civilización e a recuperación da cultura khmer ancestral baixo a dirección de Pol Pot, o seu principal líder. Saloth Sar (Prek Sbauv, Cambodia; 19 de maio de 1925-Cambodia, 15 de abril de 1998),​ máis coñecido como Pol Pot, converteuse en dictador, e no principal líder de los Khmers Vermellos dende a súa xénese na década de 1960 ata a súa mort en 1998. Foi tamén o primer ministro de Kampuchea Democrática, nome oficial do Reino de Cambodia durante la dictadura, entre 1975 y 1979. Pol Pot pasou á historia como o principal responsable do denominado xenocidio cambodiano, que foi a principal razón da constitución dun tribunal internacional, en 2006, para xulgar ós líderes supervivintes do réxime.

QUE VER EN SIEM REAP?

Para que vaiades preparados, Siem Reap é moi máis sucio que calquera das ciudades que víramos ata o agora en Tailandia. Hai lixo en todas as esquinas e en moitos lugares onde hai ese lixo pode haber ratas. Chegar de noite a un sitio non é o mellor e Cambodia estábanolo demostrando. Mercado nocturno (Night Market) / Mercado da arte (Art Market) / Rúa dos pubs (Pub Street) Para ir dende o hotel ata estes mercados, pódese camiñando, aínda que as rúas preto do hotel dan un pouco de respecto. A outra opción, é pagarlle a un tuk-tuk e que te leve. A verdade é que nós non fomos conscientes de que fosen perigosas as rúas ata que o noso tuk-tukeiro nolo dixo. Nós

Art Center Night Market en Siem Reap
Art Center Night Market en Siem Reap

Unha vez alá: Benvido a Las Vegas. Unha atracción para foráneos: luces de colores postos ambulantes insistentes, masaxes tailandesas… Todo demasiado artificial. Para ir a este mercado hai que ir concienciado de que non imos ver a Asia real (ou polo menos o que esperamos ver en Cambodia), senón un parque de atraccións para turistas. Iso si, se a túa intención é mercar, aproveita para mercar algúns agasallos e recordos. Ollo ó releo e ó cambio. Polo xeral o cambio da moeda local equivale a 1 USD a 4000 KHR. Estivemos a dar una volta por alí e comemos nun dos restaurantes que estaban abertos.

Guías recomendables:

 

Publicacións relacionadas

Verified by MonsterInsights