Cambodia DÍA 10: Angkor

Angkor é o lugar máis espectacular a nivel arquitectónico de toda a viaxe. Ademais a orde da viaxe é perfecto: Ayutthaya, Sukhothai e finalmente Angkor. Este último lugar eclipse os demais, como espectacularidade da súa edificación. Sen dúbida, Angkor é unha parada obrigatoria.

TRANSPORTE

Como os demais días en Cambodia, xa tiñamos un tuk-tukeiro. El levaríanos a dar unhas voltas polo

Traslado desde Hotel ó Aeroporto REP:

Dende o resort hai tuk-tuk que te levan por uns 7 $.  Tiñamos entendido que o resort proporcionaba este servizo de xeito gratuíto, pero ó final cobráronnos.

ALOXAMENTO

Esta sería unha noite longa. Durmiriamos no aeroporto.

HISTORIA

O Reino de Funán

Non se coñece o nome que tiñan para eles mesmos, pero os chineses, únicos en nomealo, chamáronlle Reino de Funán. O Reino de Funán xurdiu arredor do delta del Río Mekong, onde xurdiron unha serie de ciudades-estado entre os séculos IV e I a.C..

Reino Chenlá

Para coñecer un pouco da orixe de Cambodia hai que ir ás crónicas chinas. Nelas fálase dun brahmán que vén da India, Qiáochénrú (Kaundinya nos poucos textos sánscritos que se atoparon), que chegou ó Reino Funán obedecendo os designios dunha voz e logrou unir definitivamente ó pobo de Funán, e proclamándose rei.

Kambu Svayambhuva foi un rei da India durante o século I d.C. da dinastía Kambuja segundo as crónicas deste país. Segundo a lenda, aventurouse polas selvas do sureste asiático, casándose con Mera, filla do Rei Naga (os Nagas son semideuses da mitoloxía hinduísta con forma de serpe). Ó reino fundado polos Kambuja en Indochina, un reino que pasou por varios altibaixos a través dos séculos ata que deu lugar ó Imperio de Angkor, foi chamado Reino de Chenlá polos chineses nas súas crónicas.

Dunha das etapas de debilidad do Reino de Chenlá, foi cando xurdiu o gran esplendor khmer (jemer), xa que Chenlá foi invadido polos indonesios cara o século VIII d.C.. A principios do siglo IX, un príncipe Kambuja retenido na corte de Indonesia fuxiu e regresou ó seu reino, levantando ó seu pueblo e iniciando o período de esplendor angkoriano. Convertiuse así no Rei Jayavarman II, que uniu a Chenlá da tierra e a Chenlá das augas, independizouno de Indonesia, fundando o Imperio Khmer.  Jayavarman II instaurou o culto devaraja, elevándoo ó rango de relixión oficial, segundo o que o rei khmer é un rei-deus.

O rei-deus situou a capital do imperio en Indrapura, no delta do Mekong nun comezo, logo trasladouno a chaira central, a rexión de Angkor.

É curioso ver que as lendas cambidianas sobre a orixe do país coinciden coas indias. Incluso as eponimias Kambuja (Cambodia) e Khmer (Jemer, de Kambu + Mera). O caso é que a influencia da cultura india é moi visible en toda Cambodia, incluso hoxe en día.

O Imperio Khmer (Jemer)

Angkor foi a capital do Imperio Khmer (Jemer en castellano) durante o seu periodo de esplendor, séculos IX e XV. Foi unha das ciudades más grandes do mundo da súa época, por riba dun millón de habitantes.

A finais do século XVI os misioneiros ibéricos trataron de mostrar a palabra de deus ás Indias Orientais. Adentráronse nas selvas de Indochina, máis alá do Río Mekong. Así foi que en 1601, o franciscano Marcelo de Ribadeneira trae noticias dunha cidade no Reino de Cambodia con grandes edificios e ruínas. A pobreza do país naquel entón, fixo que se atribuíse a Alexandro Magno ou ós romanos.

Co incremento da exploración xeográfica e da arqueoloxía de Francia no século XIX, fixo que se recordasen as ruínas e foron buscalas. En 1860, o naturalista Henri Mouhot chegou ás portas de Angkor Wat y escribía:

Angkor Wat
Angkor Wat

Un destes templos [Angkor Wat], rival do templo de Salomón e erixido por algún antigo Michelangelo, podería ocupar un posto de honra xunto ó máis belo dos nosos edificios. É máis grandioso cós que nos deixaron Grecia ou Roma.

Decadencia e esquecemento

A súa etapa de esplendor residiu na súa tecnoloxía hídrica (canais, fosas e depósitos creados polos seus enxeñeiros) que durante seis século deron vida á cidade. Producían excedentes suficientes para manter a unha numerosa casta sacerdotal) ata a súa decadencia no século XV.

Mongoles, siameses e migracións

A chegada dos mongois a China e toma de poder por parte de la dinastía Yuan fixo que unha antigua tribu china, os siameses (tai), fuxiron cara o sur, a territorio Khmer. Chegaron como inmigrantes e absorveron parte da cultura khmer, comezaron despois a formar principados e cidades-estado que foron collendo forza e expandíndose. En 1431, cun estado khmer débil e en decadencia, os siameses (tai) acabaron invadindo o territorio.

O último rei-deus Angkor, Dharmara Jadhiraja, abandonou a cidade e exiliouse en Phnom Penh, lonxe de Siem Reap e do alcance siamés. A cidade sagrada de Angkor caeu no abandono e no esquecemento.

QUE VER EN ANGKOR WAT?

Ás 3h30 da mañá soou o primeiro dos despertadores. Uns minutos despois de que soase, erguemonos e preparamos todo. Hoxe veriamos amencer en Angkor Wat. A venta de entradas polo día comeza ás 5h00 da mañá e está lonxe da entrada ó templo), pero nós xa as tiñamos do día anterior. Ás 4h30 saímos do hotel cara a cidade do templo. Non tiñamos moita xente diante o que nos permitiu ter unhas vistas privilexiadas para ver o alzamento do sol.

Angkor Wat (pódese entrar sen guía, aínda que insistan)

O tempo máis importante, Angkor Wat (Cidade do Templo), foi erixido por Suryavarman II a principios do século XII dedicado ó deus hindú Vishnú. En honor a Suryavarman recibiu nome póstumo del, Preah Pisnokar. Posiblemente fose feito para lexitimar o seu reinado tras asasinar ao rei anterior, Dharanindravarman. Tardouse uns 37 anos en construirse.

Angkor Wat nunca foi abandonado de todo. O resto de Angkor si, tivo que ser recuperado da selva logo do seu descubrimento. A cidade sagrada sempre estivo ocupada por monxes budistas (e non hinduistas, para os que foi creado) ata o século XIX, cando foi redescuberta.

No século XIII, o Imperio Khmer (Jemer) estivo oscilando entre o budismo e o hinduismo. Por iso, Angkor Wat foi construído seguindo a tipoloxía hinduista do templo-monte (representando o Monte Meru, morada dos deuses), despois foi remodelado coa tipoloxía de galerías para adaptarse ó culto budista. Iso faino único na súa arquitectura.

Alborada

Para poder entrar ó recinto hai que atravesar o foso que o rodea por unha ponte. Chegamos uns minutos antes de que abrise o acceso a esa ponte. Vimos ó saír que a ponte antiga () estaba en restauración e que nós estabamos atravesando unha flotante. Por que a vimos ó saír e non antes? Cando chegamos era completamente de noite, podedes ver no vídeo como o primeiro fotograma é case nun negro total.

Entramos e seguimos á toda a xente, parecían que sabían a onde ían, e coa luz da lanterna. Camiñamos e atravesamos sen darnos conta a Porta Principal Angkor (Angkor Wat Gateway). Continuamos camiñando ata chegar á pasarela principal que leva á Terraza do Honor (Terrace of Honor). Pasamos a carón das bibliotecas do norte (North Library) e do sur (South Library) sen percatarnos ata chegar ó Estanque de Reflexión do Norte (Northern Reflection Pond). Ali nos sentamos a pé de estanque practicamente sos durante uns momentos. Logo comezaron a aparecer persoas e máis persoas. Mentres agardábamos, comemos o almorzo que nos deixaran preparados os do hotel. Pouco a pouco fomos vendo o espectáculo de luces e reflexos que nos proporcionaba a alborada. Un dos sucesos máis fermosos que recorde en todas a miñas viaxes.

Angkor Wat dende o estando de reflexión do norte
Angkor Wat dende o estanque de reflexión do norte
Angkor Wat

Logo de ver o amencer dende o estanque do norte, comezamos a andaina polo interior deste espectacular monumento. Hai un montón de lugares, estancias e templos budistas. Segundo nos iamos achegando á pagoda central máis nos iamos sorprendendo. Foi alí onde tivemos que facer ringleira para poder acceder a ela por unhas escaleiras nunha estructura que ía por riba da edificación antiga sen danar esta. Dende o alto había unha vistas espectaculares. Ó lonxe podiamos ver un globo aerostático.

Vistas dende Angkor Wat con un globo aerostático e a porta principal ó fondo
Vistas dende Angkor Wat con un globo aerostático e a porta principal ó fondo

Unha vez que puidemos apreciar as vistas dende a parte máis alta da Cidade do Templo (Angkor Wat)  pensabamos que non nos ía sorprender. Non foi así. Os xardíns dos arredores, aínda que están só con herba, tamén son dignos de ver. Fixéronnos falla varias horas para poder visitar Angkor Wat por completo.

Un dos laterais de Angkor Wat
Un dos laterais de Angkor Wat

Angkor Thom (pódese entrar sen guía)

O máximo esplendor do Imperio Khmer (Jemer), que dominou o sureste asiático dende o mar de China ata o golfo de Bengala ata o século XV. Un imperio que incluía aos actuais Tailandia, Laos, Cambodia e Vietnam, ademais de parte de Birmania e Malasia.

No 1177 Angkor foi atacada, saqueada e destruída polos cham, uns pobos tradicionalmente piratas que se asentaron na zona do delta do Mekong. O Rei Jayavarman VII (que adoptou o budismo no Imperio) construíu a cidade fortificada de Angkor Thom (Cidade Grande) e trasladou a ela a capital do imperio. A cidade, construída a carón do río Siem Reap, estaba rodeada dun foso anegado e dun muro de oito metros de alto. Todo iso arredor dun cadrado de tres quilómetros de lado. Non estaba disposto a que los cham repitiran os seus actos.

Porta Oeste (West Gate)

Posiblemente sexa o lugar máis fotografiado de Angkor Thom. Para chegar a esta maxestuosa entrada hai que pasar por unha ponte onde hai ducias de pequenas esculturas de guerreiros. Atopar esta entrada sen xente, motos ou tuk-tuks é extremadamente complicado. Aínda así, logramos facelo para algunha foto.

Porta Oeste de Angkor Thom
Porta Oeste (West Gate) de Angkor Thom
Angkor Thom

Angkor Thom é a principal edificación de este recinto. Foi aquí onde aprendemos que estas edificación son tan empinadas e cos chanzos tan pequenos para no momento de chegar a parte superior nos acheguemos como “arrastrando” ó lugar onde están os deuses. Este templo é moi fermoso, pero o excesivo ruido e a aglomeración de turistas era tal que non se podía gozar tranquilo dos recintos deste lugar.

Angkor Thom
Angkor Thom
Baphuon

Esta edificación estaba moito menos ocupada polos grupos de turistas. É impresionante. Para que vos fagades unha idea do tamaño da construcción, podedes tratar de buscar á persoa que está na parte superior da construcción cos brazos abertos.

Templo Baphuon en Angkor Thom
Templo Baphuon en Angkor Thom
Terraza de los elefantes (Terrace of the Elephants) e Terraza del Rei Leper (Terrace Of The Leper King)

Estas construccións non teñen unha altura demasiado elevada. A terraza dos elefantes é exactamente o que o seu nome denota.

Terraza dos elefantes en Angkor Thom (Terrace of Elephants)
Terraza dos elefantes en Angkor Thom (Terrace of Elephants)
North Khleang

Xusto enfronte das anteriores construccións está esta. O estado no que se atopa é bastante ruinoso.

Pheah Khan

Neste templo faise evidente, aínda hoxe en día, que a selva reclamara o que por dereito é seu. Para visitar este templo fai falla moito tempo.

Pheah Khan en Angkor Thom
Pheah Khan en Angkor Thom
OLLO!!!

Os “policías” deste templo (Pheah Khan) ofreceranse moi amablemente a sacarche unhas fotos. Si, que agradables, verdade? POIS NON!!! DESPOIS PÍDENCHE ENTRE 2 OU 5 USD DE PROPINA!!! Iso si, as fotos son das mellores de toda a viaxe.

Tampouco lles merques aos nenos, DEBEN IR Á CLASE e  NON estar vendendo. Veredes isto en algúns carteis.

Neak Pean

Este pequeno templo está situado no medio dun gran estanque. Para chegar ata el hai que ir por riba dunha ponte moi estreita, no que apenas pasaban dúas persoas en distintos sentidos. A ponte para chegar resulta máis interesante que o templo en si mesmo, pero tamén porque non é tan espectacular como os anteriores (é difícil).

Estanque do Templo Neak Pean en Angkor Thom
Estanque do Templo Neak Pean en Angkor Thom

Ta Som

Preto de Neak Pean está Ta Som. Este bonito templo non require demasiado tempo para poder velo.

Ta Som
Ta Som

Eastern Mebon

Outro fantástico templo. Nel, ademais da espectacularidade da construcción en si, pódense ver moitas figuras de elefantes moi ben conservadas.

Eastern Mebon
Eastern Mebon

Ta Prohm Temple

Este, sen dúbida, é o templo que vimos máis “invadido” pola selva. Ademais, este templo é coñecido porque nel se rodou parte dunha coñecida película do comezo do milenio: Lara Croft: Tomb Raider. O certo é que o templo é moito meirande do que poida parecer ó comezo. Nel pódense ver árbores centenarias crecen por riba do templo. Xusto antes de entrar, puidemos ver a evolución do templo dende que se propuxo o proxecto de restauración.

Templo Ta Prohm
Templo Ta Prohm

Banteay kdei

Este templo tamén é enorme. Levounos moito máis tempo do que esperabamos e case se converte nun laberinto do que non sabiamos como chegar a onde queramos co tuk-tukeiro.

Banteay Kdei
Banteay Kdei

Prasat kravan

Este templo vímolo dende o tuk-tuk. O día fóra longo e, antes de ir a durmir ó aeroporto de Bangkok, fomos descansar ó resort.

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com