A volta a casa de Iván González: un referente do fútbol galego

Hoxe en Galicia Alive temos o pracer de poder contar con Iván González, un noiés que volve á casa 15 anos despois para seguir facendo o que máis lle gusta: xogar ao fútbol.

Bos días, Iván. A primeira pregunta é obrigada: Como te sintes ao volver a casa? Ao volver ao equipo do que partiu esta andaina túa no mundo do fútbol?

Pois con gañas de volver a xogar no meu pobo, de xogar na casa, que os amigos me vaian a ver… Creo que esta etapa vai ser de cariño e máis de efecto. Ademais de emotiva, por ter como obxectivo axudar ao Noia a estar en terceira, que creo que e a que se merece. Estivo o ano pasado e o volver baixar deixounos mal sabor de boca.

As nosas fontes indicáronnos que ti non empezaches realmente a xogar ao fútbol. O teu primeiro deporte foi o baloncesto, é certo isto?

Eu empecei xogando ao baloncesto no colexio, aínda que tamén xoguei ao fútbol sala. Ademais fixen ciclismo, cos cales aínda fixemos antes de Nadal a cea do 30 aniversario do clube de ciclismo de aquí, de Noia. Neste deporte estiven federado 2 anos. Xoguei ao baloncesto no CB Noia en Cadetes e Xuvenís. Cando acabou a tempada de xuvenís, había posibilidades de quedarme no baloncesto, pero por circunstancias como que moitos dos meus amigos non seguían e outros xogaban a outro deporte, decidín tomar outro camiño. Realmente con esa idade non o pensas dunha maneira tan profesional. Os amigos convencéronme e adentreime no mundo do fútbol. Tiña claro que quería seguir facendo deporte e ademais eu son moi competitivo – ri.
Empecei a entrenar, tiven a sorte que me colleran. Os 2-3 primeiros non despuntaba como xogador, un máis: xogaba e marcaba algún gol. Era un deporte moi distinto ao que practicara ata o momento. Eu xogara ao futbol sala, como xa dixen, pero pasar ao fútbol campo era moi distinto. Aínda así, logrei adaptarme. E tanto que me adaptei, ata o día de hoxe foi o meu medio de vida.

Iván González e a súa afección ao fútbol dende ben pequeno

En Noia había bastante xente con posibilidades. Eramos un bo equipo, incluso xente que foi probar ao Compostela. O que pasa que nun pobo coma este, e máis fai vinte anos, era moi difícil. Non había os buscadores de talento que pode haber agora do Deportivo, do Celta ou do Lugo. Antes se marchabas de aquí era porque eras moi bo. O ano que marchei do Noia marquei 30 goles. Foi cando apareceron distintas ofertas de terceira división. O primeiro destino foi o Negreira porque podía compaxinalo cos meus estudos en Santiago e a oferta era moi boa. Era máis boa que a que tiña no Noia – ri. – Xa que pasei de non ter un soldo a sí telo. A partir de aí todo comezou a crecer. E cada ano foron a mellor as cousas. Ascendemos a segunda B. Nestas categorías si se pode vivir ben do fútbol. En total estiven 15 anos vivindo do fútbol e estou moi agradecido de vivir facendo o que máis me gusta.

Crees que o fútbol é un deporte moi sacrificado? Pode precisar máis tempo que outros deportes?

Eu, que vivín o ciclismo de pequeno, penso que é un deporte máis sacrificado có fútbol. O fútbol é sacrificado tamén, aínda que sacrificado porque entrenas pola semana, e na fin de semana xogas. Tes que desplarte en bus, igual 6 ou 7 horas. Non é como en primeira división.
Como todo o mundo sabe, a alimentación prepartido é moi importante. Entón, se os teus amigos van de cea ou comida ti non podes. Ese entrenamento invisible marcache ao largo de toda a temporada.
O de viaxar tamén é un sacrificio para min. Eu decidín xogar sempre o máis preto da casa, a pesar de ter tido ofertas dende Murcia, Tenerife, Baleares, Pais Vasco… aínda que economicamente fosen máis altas ou mellores, o tema de viaxar pesou moito. Por riba, cando tes parella xa ten que ser unha moi boa oferta. Ir cambiando de fogar cada tempada é sacrificado.
Iso si, no aspecto deportivo, as épocas máis duras son as pretempadas.

Por certo, só xogas ao fútbol en partidos oficiais ou es dos que se encarga de organizar algunha pachanga cos amigos?

En verán, sobretodo cando tiñas 20 anos, cando o corpo non se resinte tanto, pois, apuntábame a todos os torneos que había: maratóns de fútbol sala, fútbol sete, ao Cúbico de Noia, torneos de volei praia… Ao rodearme de xente que practicaba distintos tipos de deporte pois estabas todo o día facendo algo. 

Un pasado para honrar, un futuro por conquistar

Segundo pasan os anos xa costa máis porque non tes a mesma enerxía. Cando xa tes 30, a min que me coincidiu con épocas no fútbol máis profesionais (no Compostela, despois no Lugo e finalmente no Ourense), xa as pretemporadas eran máis duras porque rematabamos máis tarde a tempada e non podes xogarte ter algunha lesión. Tes que ser profesional e cos 38 que teño agora non, menos.

Que esperas desta nova etapa e que cres que che pode aportar estar no Noia que non podes ter noutro equipo?

Como non hai o beneficio económico que houbo noutras épocas, eu o que me vou levar desta experiencia é un beneficio personal, espiritual e sentimental de estar na casa, de xogar na casa. Xogar no equipo onde empecei, no que non pensaba en adicarme ao fútbol e darlle as gracias aos amigos.
Espero poder facer que o Noia ascenda e axudar a que dentro de uns anos se diga que o Noia é un equipo cunha boa canteira. Despois retirarme colgando as botas na casa en terceira sería excepcional dentro dun par de anos. Deixaríame nun estado sentimental moi alto.

Seguramente sexa unha pregunta un pouco difícil de respostar, pero con cal dos adestradores que tiveches ata o de agora te quedarías?

Moitos dos adestradores que tes de pequeno axúdanche a medrar como persoa, ensinanche como é o fútbol por dentro. Empezas a aprender e a ver como é o fútbol.
De todos aprendes algo. Tiven moitos bos. Gelucho, Baleato, Luisito… Son todos moi bos. Todos me ensinaron e de todos aprendín. Pero creo que Quique Setién está un paso por diante. De feito estáoo a demostrar nas Palmas. A rutina que tiña el en 2B segue a facela, o seu fútbol-tenis… Tivo vida de futbolista e sabe o que é isto. Xogou no Atlético de Madrid e no Levante. Aínda que a maoir parte da súa carreira estivo como futbolista no Racing de Santander. A min expresábame ben o que el quería. Tiña un fútbol alegre. Gustáballe moito Guardiola e é un fútbol co que eu me identifico. Por iso a min gustoume moito a súa forma de xogar e o xeito de entrenar.
É por suposto, tiven en conta que el me valorara. Víame como un xogador importante no equipo e confiaba en min. Teño que agradecerllo. Eu marchei de Noia con 22 anos e estiven en bastantes equipos e de cada un deles aprendín algo. Aínda así, eu quédome con Quique Setién.

Plantilla de CD Lugo

Como consegues manterte en forma?

Pois xa me manteño coa vida deportiva que levo. Os entrenamentos axúdanme. Ao mellor algún dia vou ao ximnasio, aínda que eu non son dos que lle gusta moito ir. Pero si, vas e fas algo para evitar lesións. Que ao final, neste mundo tan intenso e semiprofesional, evitar lesións é moi importante.
Fago algo para fortalecer. A alimentación é o máis importante.- di mentres mira a infusión e os pasteis que acompañaban a infusión e ri. – Aínda que sempre hai sitio para o postre. Non escederse diso.
A pesar de coidar a alimentación, durante a miña etapa de no CD Lugo os venres de inverno pola tarde tomábamos o noso chocolate con churros. Ter uns horarios e uns hábitos deportivos axuda manterse un en forma.

Acostumas adicar os goles a alguen en especial?

Sempre llos adico a Lucía, a miña moza. Ela é o meu maior apoio día a día. É a miña fan número un. Gústalle o fútbol dende sempre. Ela entende. Sabe decirme as críticas. Tanto as positivas.
Cando era pequeno, sempre lle adicaba os éxitos deportivos a miña avoa.
Agora que estou de volta na casa, tocará adicarlle algúns aos amigos, pero a maioría van para Lucia. 

Que che gustaría alcanzar no mundo do fútbol?

Agora mesmo espero ascender ao equipo. Ter ao Noia en terceira división, que é a categoría na que debe estar, poder xogar na terceira división e retirarme nela e que o fútbol medre un pouco máis en Noia. Aportar o meu gran de area para que o fútbol medre na vila.
Despois gustaríame seguir como adestrador ou como director deportivo. Penso que o fútbol vai seguir formando sempre parte da miña vida.

Criticarías algún aspecto do mundo del fútbol?

A corrupción, a violencia no fútbol e o racismo. Eu xoguei con xente de moitas razas e de distintos lugares e de todas aprendes algo.
Outro dos puntos que melloraría é o tema dos seguros dos xogadores en categorías inferiores.

¿Quen é o teu ídolo no mundo do deporte ou no mundo del fútbol?

O meu ídolo deportivo dende ben pequeno era, e segue a selo, Michael Jordan. Os seus mellores éxitos foron dos meus 11 aos 18 anos. Vin moitos documentais e moitos partidos del. Para min é un exemplo a seguir pola súa capacidade gañadora.
No fútbol, moitos: Maradona, Roberto Baggio… Está claro que Messi e Cristiano son dous grandes. Agora ben, eu de ter que escoller, escollo a Ronaldo, O Fenómeno, o gordiño. Tiña un don para marcar goles e moita potencia. Era o mellor cara portería.
Iso si, eu este ano penso que o balón era para Cristiano, pero quédome co fútbol de Messi. Aínda que tamén me gustou moito Ronaldo. Ten un don para meter goles.
En resumo, o meu ídolo deportivo é Jordan. De feito na última viaxe que fixemos a New York (Nova Iorque), viñemos cargados de roupa de Jordan para os nosos afillados.

En Galicia Alive temos unha sección de preguntas en cadea. Ti debarás deixarnos unha pregunta para o noso próximo entrevistado:

Que lugar do mundo che gustaría conocer? Ese lugar do mundo especial aínda que sería complicado ir?

Podesnos decir cal sería o teu Iván?

Pois a min gustaríame realmente conocer os Fiordos, en Noruega e Islandia e as súas auroras boreais. Poderíase dicir que ese lugar serían os países escandinavos ou en concreto København (Copenhague) por unha canción de Vetusta que nos gusta moito a miña parella e mais a min.
Aínda que ver un monte do Canadá nevado ten que ser precioso. Asia ten que ser precioso pola diferencia cultural coa que me podo atopar.
Pois eses serían os lugares do mundo que me gustaría coñecer. A ver se me dá tempo nunha soa vida. – rimos. – Aínda que sempre que vas a un sitio, xa estás pensando noutros novos destinos.

A ti tócache responder a que nos deixou o máis ghrande dos máis ghrandes: Fran Velo, dos Heredeiros da Crus:
Cal é a túa tapa favorita?

Pois vou a decirche dúas tapas. Unha quente e unha fría.
Galicia para esto é unha marabilla. Unha tapa quente que me encanta é a tapa de callos. Teño o recordo de, cando era un neno, ir todos os domingos a tomar a tapa de callos con meu pai no Marico e en outros bares de Noia. A verdade é que os callos é un prato que gusta na miña casa. Debe ser que xa a miña avoa lle saían ben. E a miña nai tamén lle saen de luxo.
E unha tapa para picar fría… Encántame ás 6 da tarde saír a tomar unha Coca-Cola e que me poñan unha tapa de cacahuetes pero para escunchar.

Moitas gracias polo teu tempo Iván. Desexámosche moita sorte nesta nova aventura.

Axúdanos a seguir escribindo:

http://amzn.to/2p7rCqB

3 thoughts on “A volta a casa de Iván González: un referente do fútbol galego

Comments are closed.

Verified by MonsterInsights