Deprecated: Creation of dynamic property WP_Members::$style is deprecated in /var/www/vhosts/galiciaalive.com/httpdocs/wp-content/plugins/wp-members/includes/class-wp-members.php on line 558
A Illa da Toxa

A Illa da Toxa

A Illa da Toxa é unha das illas máis coñecidas a nivel internacional da nosa xeografía. Esta Illa pertence ao concello d’O Grove e énchese de vida durante o estío. Os comercios para turistas, os bares e as cafeterías, xunto co xentío, fan que este lugar sexa un paraíso para as persoas que gostan desta clase de turismo.

Esta illa tamén é coñecida por dúas cousas: os xabóns La Toja, que actualmente forman parte do grupo Schwarzkopf, e por unha película que tivo moita repercusión a nivel estatal: Airbag. O final desta película é aquí, no casino.

Na nosa última expedición a esta illa, fixemos un recoñecemento da situación da Illa durante o Nadal.

Durante esta época do ano, a Toxa presenta un escenario completamente distinto ao verán. A actividade é practicamente nula, salvando algunhas tendas, vendedoras de pulseiras e traballadores dos xardíns comunais. De todos xeitos, paga a pena visitala polos seguintes motivos:

– A Ponte de entrada n’O Grove

A primeira cousa que impresiona ao entrar na Illa da Toxa é a ponte que fai conexión c’O Grove. A cor blanca de pureza e as figuras que sobresaen das protección latereis fana unha ponte moi característica

– Mariscadores e mariscadoras

pobo de mariñeiros e mariscadoras. Puidemos ver ás mariscadores rastreando para obter o berberecho que tanto gozamos nas mesas.
Para as persoas que non son de costa ,este pode ser un lugar interesante para poder como traballan. Situados sobre a ponte que una a Toxa con terra firme, atopamos un lugar privilexiado para velos faenar.

– Balneario

O Balneario non é un lugar para visitar, senón para desfrutalo. Cando o desfrutemos dende Galicia Alive, teredes a nosa opinión. 😉
Este balnerario foi o causante do inicio do turismo na Illa da Toxa.

– Casino

O Casino d’A Toxa é un dos lugares característicos desta Illa e case me atrevería a dicir das Rías Baixas. Outro lugar que debemos desfrutar dende Galicia Alive e que posteriormente vos daremos a nosa opinión.

– Igrexa de cunchas

Preciosa. O certo é que chegar e ver ermida consagrada a San Sebastián
que, a pesar conservar a estructura característica das igrexas en Galicia, racha co estereotipo de igrexa, asombra. Posiblemente sexa das poucas que se poidan atopar, así que é unha oportunidade interesante para aproveitar.

O Casino La Toja é outro dos lugares podemos facer unha

– Rutas de sendeirismo

Unha das cousas que nos queda pendente para próximas viaxes son a rutas de sendeirismo hai. Ben seguros estamos de que deben ser boas, aínda que sexa só para respirar aire puro, algo que nolo certifica o noso amigo liquen de WikiCROPS.

View this post on Instagram

#lique #liquen #nature

A post shared by WikiCROPS (@wikicrops) on

Por favor, estamos dispostos a ler opinións e melloras, así que non dubides en comentar.

Verified by MonsterInsights